Desartellado un punto de venda de drogas en Muros

MUROS> A Garda Civil desartellou un punto de venda de drogas en Muros coa detención dun presunto traficante. Ademais do delito de tráfico de drogas a investigación centrouse no reiterado incumprimento das restricións do estado de alarma por parte dos compradores. Non se descartan novas detencións.

Este era o momento en que os axentes da Garda Civil procedían ó rexistro do domicilio do responsable dunha rede de tráfico de drogas que operaba en Muros. A pesar das restricións derivadas do estado de alarma, o home recibía de xeito constante a vista de compradores na súa vivenda habilitada como punto de venda dos estupefacientes. No rexistro, os axentes incautáronse de máis de vinte mil euros en metálico, catrocentas vinte gramos de cocaína e cento dez de haxix así como numeroso material para o pesado e distribución da droga. A Garda Civil levaba varios días trala pista do agora detido.

As dificultades derivadas do estado de alarma e do emprazamento do punto de venda complicaron a investigación posto que a vivenda está ubicada entre varios canellóns. Finalmente os axentes puideron constatar a presenza continuada de persoas que acudían ó domiiclio para comprar estupefacientes. ademais do delito por tráfico de drogas súmase o risco de contaxios de coronavirus puidéndose convertir nun foco de expansión da epidemia ante o constante ir e vir de persoas. Dada a gravidade dos feito, o home foi posto a disposición do Xulgado Número 1 de Muros.

Por outra banda, seguimos a informar de novos incumprimentos do confinamento. Un veciño de Rianxo deberá aboar unha multa de setecentos vinte euros por saír da casa sen causa xustificada ata en once ocasións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí