O Padroado aproba a excedencia voluntaria de Manuel Soliño

    manuelsolino_100_080307.jpgCAMBADOS > Manuel Soliño deixa desde hoxe de ser o xerente da Fundación Comarcal do Salnés. Na reunión do Padroado celebrada esta tarde en Cambados …

    … tomouse nota da excedencia voluntaria solicitada polo propio Soliño, por un período de 33 meses.

    O presidente do Padroado, Edelmiro López, explicou que durante este tempo non pensan cubrir a vacante na xerencia, que se suplirá cos propios técnicos que arestora traballan nos proxectos da fundación, alomenos nos dous vindeiros anos. Ademais acordouse que será o propio presidente quen se encargue de reestructurar o cadro de persoal técnico da Fundación.

    manuelsolino_200_080307.jpgEdelmiro López non quixo valorar o traballo de Soliño nos doce anos que estivo na xerencia da fundación e indicou que eso o debía facer o conxunto da sociedade da comarca. Quen si fixo balance foi o xa ex xerente, quen o expuxo ademais na reunión do Padroado. ‘Son 35 millóns de euros nestes doce anos’, sinalou Soliño, en referencia ós cartos recibidos en axudas e subvencións de fóra de Galicia a través da súa xestión na fundación comarcal. A través do programa Europeo Proder destacou que nestes doce anos se conseguiu crear 200 postos de traballo, 84 empresas e 24 iniciativas de desenvolvemento dentro da fundación comarcal. Entre os proxectos postos en marcha destacou a Ruta do Viño Rías Baixas, única rexistrada en Galicia. Ademais, indicou que neste tempo conseguiu un dos seus principais obxectivos, conseguir outra idea de comarca. ‘Agora os concellos do Salnés se promocionan e fan proxectos xuntos e así se pode competir’. Detrás disto asegurou que houbo ‘traballo, traballo e traballo’.

    Cre que esta bagaxe foi moi enriquecedora, que aprendeu moitísimo pero di que agora busca outro futuro profesional. Soliño explicou que solicitou esta excedencia para introducirse na área privada nun ánimo de retroalimentarse e volver á xerencia da fundación con novas ideas. Unha decisión, a de volver, que parece que deixa no aire, pese a ter proxectos de futuro para a Fundación, que pasan por introducir ás empresas da comarca na nova era da sociedade da información e do I+D+I. Sobre a suposta petición de despido da que se falou nos últimos días, o presidente do Padroado aclarou que formalmente só lle chegou a solicitude de excedencia voluntaria. Si admitiu, de todos xeitos, a existencia doutro documento e incluso unha convocatoria do Padroado, pero extra oficiais, e que o propio Edelmiro López se encargou de aclarar ós membros deste organismo.

    Redacción Salnés