Vilanova comeza as obras de rehabilitación do novo cuartel da Guarda Civil

VILANOVA> Vilanova comeza as obras de reforma do novo cuartel da garda civil. O centro está situado preto do concello e o a súa posta a punto terá un custo de 45 mil euros. As obras de rehabilitación do local durarán en torno a un mes e medio.

O regreso da garda civil a Vilanova está cada vez máis cerca. Despois do acordo acadado entre o concello e a subdelegación do goberno para seleccionar unha nova localización para a súa sede. Agora comezan as obras para que o edificio estea preparado para converterse no novo cuartel da garda civil.

No acordo acadado, o concello encargarase de toda a reforma do novo cuartel e a subdelegación do goberno de dotalo cos equipamentos necesarios. O custo da reforma do local terá un custo de 45 mil euros.

O regreso do cuartel da garda civil para Vilanova é unha noticia moi agardada pola veciñanza. A previsión, é que as obras estean rematadas nun prazo dun mes e medio.

A reforma iniciada polo concello de Vilanova conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da consellería de interior e administración local. Unha vez rematada, preto de 20 gardas civís traballarán no cuartel vilanovés.