O museo Valle-Inclán reabrirá as súas portas a próxima semana

    museovalleinclan_100_090307.jpgPOBRA > O Museo Valle-Inclán reabrirá as súas portas a vindeira semana despois das obras de mellora realizadas a consecuencia das inundacións.

    Despois de dous meses de arduo traballo, as portas do museo Valle-Inclán volverán a abri-las súas portas a vindeira semana. Durante este tempo estivéronse desenvolvendo traballos de mellora e acondicionamento das instalacións despois das perdas ocasionadas polas enchentas deste pasado inverno que afectaron a numerosos fondos do centro.

    As persoas que se acheguen a partir da vindeira semana ó museo non observarán cambios significativos pois as actuacións, cun presuposto superior ós 80 mil euros, supuxeron a realización do saneamento integral do edificio e a instalación da calefacción, así como a dotación de novos equipamentos audiovisuais.

    A reapertura do museo pobrés coincidirá coa presentación dunha nova escultura de Valle-Inclán que pasará a formar parte dos fondos do museo realizada polo escultor Gonzalo Sánchez Mendizábal a partir dun retrato feito do autor de Luces de Bohemia polo artista Victorio Macho. A obra, realizada en bronce e sobre unha base de granito, estará colocada na entrada do edificio.

    Redacción Barbanza