O porto contará este mesmo ano cunha terminal de contenedores

    jesuspaz_100_090307.jpgVILAGARCIA > O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía aprobou hoxe o inicio do expediente de concesión de espazo no novo peirao…

    …para a instalación dunha terminal de contenedores. Isto suporá unha inversión de 5 millóns de euros e suporá un valor engadido para o porto vilagarcián.

    O consello de administración da Autoridade Porturia de Vilagarcia deu luz verde ó inicio do expediente de outorgamento da concesión de instalación a Tercovi, que construirá unha terminal de contenedores no novo peirao de Ferrazo este ano.autoridadportuaria_200_090307.jpg

    A terminal ocupará 44 mil metros cadrados e está prevista unha inversión de 5 millóns de euros. Ademáis dunha nave para almacenamento de mercancía, a terminal contará cun tinglao-taller de reparación, dous grandes guindastres portacontenedores e 90 tomas rifer, para manter o producto conxelado á temperatura adecuada.

    Por outra banda o presidente da Autoridad Portuaria de Vilagarcía, Jesús Paz, mostrouse moi satisfeito polo estudio informativo que esta semana presentou a Xunta sobre a tramo da autovía a Pontevedra que une Vilagarcía con Curro e que conectará coa A9 en Baión. Respecto ó plan de Sinalización e balizamento da ría, Paz anunciou que se atopa paralizado ó ter que suspender a adxudicación á empresa que acadara a obra por non ter presentada a documentación necesaria. Deste xeito vanse acometer as actuacións máis urxentes.

    Tráfico de mercancías

    Finalmente revelou os datos de tráfico de mercancías correspondente ó mes de Febreiro, que acadou as 112 mil toneladas, un 17% máis que durante o mesmo mes do ano anterior. E explicou que o Porto asinou un convenio de colaboración cunha empresa adicada á defensa para a realización dun estudo de viabilidade dun sistema de seguridade integral portuario, de carácter experimental e pioneiro no seu xénero.

    Redacción Salnés