A Deputación da Coruña completa a renovación do firme no primeiro tramo da estrada de Noia a Boiro

NOIA> O deputado provincial, Bernardo Fernández, achegouse a comprobar ‘in situ’ o resultado das obras levadas a cabo nos últimos meses na estrada DP-1.105 que une os concellos de Boiro, Lousame e Noia.

A mellora consistiu na renovación de varios tramos do firme desta estrada de titularidade provincial, cun orzamento de preto dos 600 mil euros.

A Deputación prevé desenvolver de inmediato a segunda e terceira fase deste proxecto, renovando tamén o firme do tramo que atravesa o municipio boirense.

O alcalde de Boiro, Xosé Ramón Romero, destacou a importancia desta actuación, nunha estrada ademais de enorme tránsito, que une as dúas comarcas coa provincia de Pontevedra.

Acompañando na visita, atopábanse tamén a deputada provincial, Sandra González, e os candidatos socialistas de Noia e Lousame, Fran Pérez e Ana Domínguez, respectivamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí