A POBRA> A oficina de turismo da Pobra dispón xa dunha guía en lingua inglesa. O concello vén de editar esta publicación para dar cobertura á crecente demanda de turistas chegados doutros países.
Os visitantes que se acheguen a coñecer a Pobra dispoñen xa dunha guía editada en inglés. O concello decidiu editar esta publicación en inglés ó detectar unha maior presenza de turistas de fóra do noso país. Tan só en 2023, a oficina de turismo rexistrou a máis dun cento de visitantes que utlizaban a lingua inglesa.
Trátase dunha guía moi atractiva visualmente, con predominio da imaxe. Ademais dos princpais recursos turísticos do municipio recolle as distintas rutas tanto naturais como patrimonias que se poden realizar así como información sobre as festas .
A tradución correu a cargo de Bibiana Santiso, que realizou unha interpretación adaptada e máis aló da transcrición literal. Agora, a intención do concello pobrense é ir un paso máis aló coa edición da guía en francés.