300 ciclistas participarán na BTT 3 horas de Resistencia de Boiro

BOIRO> Boiro acollerá este domingo a ‘BTT 3 horas’, organizada polo club RS Bike en colaboración co concello. Disputarase nun circuíto de seis quilómetros habilitado nas inmediacións do polígono de Espiñeira.

Ás dez da mañá deste domingo tomarán a saída os participantes na ‘BTT 3 horas non stop Boiro’, nun circuíto de 6 quilómetros na contorna do polígono de Espiñeira. Na proba, que forma parte da Copa Galicia de Resistencia, poderán participar deportistas federados tanto na modalidade individual como por parellas, de tódalas categorías, dende junior a master 60.

O concello colabora na organización da proba,a chegando os medios e recursos para garantir que se desenvolva nas máximas condicións de seguridade. Ademais de fomentar a práctica deportiva,  a proba contribúe á dinamización turística do municipio.

A Federación Galega de Ciclismo colabora tamén na organización deste evento deportivo.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí