O concello de Ribeira retira a licencia a un praceiro por non atender o posto

    denunciapraceiroribeira_100_06102009.jpgRIBEIRA> Pola contra, o beneficiario do posto na praza asegura que esta medida é unha represalia polas súas queixas do mal estado do mercado municipal.

    Tras vinteséis anos vendendo peixe no mercado de Ribeira, Xoán Mosquera acaba de quedar sen un dos tres postos que tiñan concedidos. Segundo o concello, a retirada da concesión debeuse a que o titular non acudía a vender frecuentemente polo que decidiron ceder o posto a outros usuarios que se atopan en lista de espera.

    {flowplayer}barbanza/denunciapraceiroribeira.flv{/flowplayer}

    Non obstante, Mosquera denuncia que se trata de represalias por parte do concello, posto que leva anos denunciando as deficiencias da praza de abastos, entre elas a falta de hixiene ou mesmo a presenza de ratas. Insiste ademais en que apenas existe lista de espera e que moitas compañeiras non acuden a vender de xeito habitual pero manteñen os seus postos.

    Recollida de sinaturas

    O praceiro xa iniciou unha campaña de recollida de sinaturas na que, en tan só dous días, xa ten conquerido o apoio de máis de 300 veciños. Ademais ten previsto emprender accións legais para recuperar o seu posto.

    O afectado sabe que non está só nas súas reivindicacións pero entende que as súas compañeiras non denuncian o precario estado das instalacións por temor a que peche a praza e queden sen traballo.

    Redacción Barbanza