Valentín Alfonsín recolle o testemuño de Vila Brión para optar á alcadía de Dodro

    candidatoppdodro_100_090307.jpgDODRO > Un bo número de persoas asistiu no Pazo de Lestrove á presentación do novo candidato do PP á alcaldía de Dodro, Valentín Alfonsín Somoza.

    O novo candidato estivo arroupado polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, así como tamén por varios alcaldes e candidatos das comarcas do Barbanza e do Sar. A presentación serviu ademais como despedida do actual alcalde de Dodro, Fernando Vila Brión, despois de case 28 anos ininterrompidos á fronte do concello.

    O novo candidato do PP de Dodro tivo tamén palabras de eloxio para o alcalde saínte, ó que agradeceu ter confiado nel para encabeza-la lista do Partido Popular ás vindeiras eleccións municipais.

    candidatoppdodro_200_090307.jpgDurante a súa intervención tivo tempo tamén para falar do seu programa no que se incluirá a realización do tan ansiado PXOM ou a construción dun polígono industrial.

    Pola súa banda,  Alberto Núñez Feijoo agradeceulle ó actual alcalde, Fernando Vila Brión, o traballo realizado ó longo das sete lexislaturas que estivo á fronte do concello de Dodro. Ademais o líder dos populares galegos desexoulle grandes éxitos ó novo candidato, ó que definiu como o mellor preparado.

    Redacción Barbanza