POBRA> Hai uns días celebrábase no Cine Elma da Pobra do Caramiñal unha charla sobre as causas do envellecemento e as enfermidades dexenerativas a cargo do prestixioso catedrático de fisioloxía na Universidade Complutense de Madrid e membro da Real Academia Nacional de Farmacia, Gustavo Barja.
A actividade organizada pola Libraría Ler, en colaboración coa concellería de Cultura, reuniu a numerosos veciños. Na súa intervención Gustavo Barja afondou en varias das súas áreas de investigación relacionadas co antienvellecemento, polas que recibiu numerosos premios nacionais e internacionais.
Unha das súas principais teses fundaméntase no uso de minerais esenciais e vitaminas, como é o caso da D3, para conservar a saúde e retrasar o envellecemento.
Na charla tamén incidiu na necesidade de coidar a alimentación. Segundo el comer de forma saudable, e máis conforme se van cumprindo anos, é algo sumamente importante, que nos axudará a mellorar a nosa calidade de vida.











