A suba salarial no Concello de Sanxenxo enfrenta a goberno e sindicatos

    catalinagonzalezcandidata_100_090307.jpgSANXENXO > A suba afectaba ós membros do Servizo de Xestión de Emerxencias e da Policía Local. Segundo a alcaldesa todo se debe a un erro.

    Ó parecer, e segundo indica a alcaldesa de Sanxenxo, todo se debeu a un erro. Na plantilla inicial ían unhas subas que o goberno local considera inasumibles. Todo xurdiu cando se ascendeu a varios peóns á categoría de oficiais, o que supuña un aumento considerable.

    Pero a éste sumábase outro previsto para tódolos membros do corpo, o que facía que os primeiros chegasen a cobrar 9.500 euros máis que o ano pasado, en total cada un cobraría arredor de 22 mil euros ó ano. Os sindicatos coñeceron esta proposta e parecíalles ben, pero os datos eran erróneos. Nas bases de execución a suba é de case 800 euros para os oficiais e 2.300 para os peóns que pasan a oficial. Unha cantidade que o goberno local considera máis razoable pero que os sindicatos critican.

    Dende a Cig nos confirmaron hoxe que non sabían nada desta cifra final. O que sí negociaran foi que a equiparación de soldos da policía local. En principio estaba previsto que se lles subira entre 4 mil e 5.700 mil euros á policía urbanística. En vez de iso subiráselles dous mil a tódolos policías locais.

    Aclaracións sobre Ínsula

    Por outra banda o PP de Sanxenxo quixo facer algunhas aclaracións sobre Ínsula tralo dito onte polo BNG, que presentou a súa dimisión do consello de administración. Os popualres aseguran que Ínsula Sanxenxo naceu para facilitar ós veciños o acceso á vivenda facendo pisos a prezo taxado inferior ó do mercado. Negan que non vaian poder acceder os sectores máis desfavorecidos xa que o regulamento contempla a reserva de ata un 20% de cada promoción para este colectivo. Tamén acusan ós nacionalistas de pedir que sexa o concello quen faga vivenda protexida cando ésta é unha competencia de Vivenda e Solo, consellería do BNG. Os populares cren que as acusacións de Fernández Lores só responden a motivos electoralistas.

    Xa pagaron

    A alcaldesa tamén confirmou o pago dos case catro millóns de euros do solo urbanizable 13, situado en Monte Faro. Ademais Catalina obtivo esta mañá o compromiso de Política Territorial de que se fará a rotonda que pedían os veciños da Vichona para garanti-la seguridade vial da zona. A delegada da CPTOPT informará o xoves do proxecto ós portavoces dos grupos municipais. Redacción Salnés