O tráfico e a vivenda, principais retos de Dulcinea Aguín en Sanxenxo

    dulcineaaguin_100_120307.jpgSANXENXO > Dulcinea Aguín estivo acompañada na súa presentación por numerosos veciños e compañeiros do Partido Socialista.

    O Hotel Oca Galatea de Portonovo foi o lugar elexido polo PSOE para presenta-la candidatura de Dulcinea Aguín á alcaldía.

    Alí se deron cita moitas caras coñecidas do concello, carmengallego_200_120307.jpgcomo o patrón maior de Portonovo ou o presidente de Entretendas, pero tamén moitos cargos do Partido Socialista, como o concelleiro vilagarcián Alejandro Quintela, o secretario comarcal, Rodrigo Santiago, o delegado provincial de Medio Ambiente, Juan Francisco Froján, os deputados Carmen Cajide e Modesto Pose e a conselleira de Pesca, Carmen Gallego. Éstes últimos amosáronse convencidos de que Dulcinea Aguín será a vindeira alcaldesa de Sanxenxo e déronlle algúns consellos, como que ‘goberne cos veciños, e non de costas a eles’. Ese foi o consello de Carmen Gallego, quen tamén resaltou a ‘outra forma de gobernar das mulleres, máis serena e humilde’.

    gallegodulcineamodesto__200_120307.jpgA candidata, que aproveitou o acto para dar a coñecer ás persoas que a acompañarán na lista, asegurou que gobernará cos cidadáns. Comprometeuse a mante-lo mercado municipal na vila de Sanxenxo e recordou que o PP non foi quen de solucionar, en 8 anos, os principais problemas de Sanxenxo, como o tráfico ou a vivenda. ‘Nin sequera, dixo Dulcinea, puido cumpri-la súa promesa de facer un centro de saúde en Vilalonga, pese a que a consellería de Sanidade do PSOE lle reclamou os terreos ata cinco veces para construílo’.

    Redacción Salnés