O alcalde de Meis acada da Xunta unha revisión do trazado da autovía

    MEIS > O alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, visitou esta mañá a Consellería de Política Territorial para trasladar ós técnicos da Xunta a preocupación dos veciños. Segundo os plantexamentos do…

    …estudio da que será a nova autovía Vilagarcía – Pontevedra, sería necesario derrubar dúas vivendas e varios negocios quedarían afectados no lugar do Empalme. O alcalde asegurou a TVSB que a reunión foi moi positiva.rotondamosteiro_300_130307.jpg

    Logo de reunirse cos veciños na noite de onte, o alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, acudiu esta mañá á consellería de Política Territorial para se entrevistar cos técnicos que redactaron o proxecto da autovía Vilagarcía-Pontevedra, que obriga e derrubar dúas vivendas e inflúe nalgúns negocios. Nese encontro cos técnicos da Xunta, Pérez Estévez, transmitiu a preocupación de dous dos veciños pola necesidade de derrubar as súas vivendas para proceder á construcción do nó de enlace das estradas. Segundo asegurou o alcalde, a receptividade por parte dos técnicos foi total e instaron a que sexa o propio concello o que lles remita un informe coas alternativas preferentes.

    Actuacións

    Nesa liña traballará o concello, ó ter constancia de que no entorno existen propietarios de terreos que non se opoñen a que as súas fincas sexan expropiadas, puidendo establecer así un trazado alternativo, con mínimas variacións ó actual. Unha das posibilidades, polas que aposta o concello é por realizar a afectación dunha pequena parte dos terreos do futuro polígono industrial Barro-Meis. Unha actuación, que segundo o alcalde non supón cambios importantes no proxecto da zona industrial, que se retrasou por este mesmo motivo

    Os planos do proxecto da autovía atópanse en fase de exposición pública no concello e poden ser consultados por todo aquel que o desexe, e interpoñer as alegacións oportunas. O concello, pola súa banda decántase por unha das tres alternativas proxectadas, que en principio non era apreferente para a Xunta, pero que logo das xestións desta mañá, será revisada.

    Redacción Salnés