VILAGARCIA> Nace a campaña ‘Vilagarcía 100%’. Trátase dunha iniciativa turistica que pon en marcha o concello de vilagarcía exclusiva para os vilagarciáns. Vanse ofertar 1.300 prazas para dar a coñecer a riqueza natural e histórica da vila de xuño a novembro. Haberá visitas a Cortegada, obradoiros, rutas e xincanas. Todas as actividades serán gratuítas.
Para que os vilagarciáns poidan gozar da súa cidade, o concello pon en marcha a campaña ‘Vilagarcía 100%’. Unha iniciativa turística pensada neste caso só para a veciñanza do municipio.
Unha campaña na que se ofertan de balde 1.300 prazas para dar a coñecer a riqueza natural e histórica da vila de xuño a novembro. Salientan as 600 entradas para visitar a Illa de Cortegada.
A elas hai que sumar outras 700 repartidas entre obradoiros, rutas e xincanas.
As entradas poderán adquirirse mes a mes a partir do día 1 en ticket.vilagarcia.gal.











