A Plataforma antiencoro presenta un libro de estudios multidisciplinares

    martinezgil_100_140307.jpgCALDAS > A coordinadora Anti-Encoro de Caldas presentou hoxe un libro editado pola Universidade da Coruña que recolle estudios

    …multidisciplinares sobre os ríos galegos. O libro, ‘O tempo dos rios’ abrangue temas como o da xestión da auga, a contaminación e as posibilidades de recuperación dos ríos galegos, nunha linguaxe fresca e sinxela que apela ós sentimentos.otempodosrios_200_140307.jpg

    O Umia é un bo exemplo do que non se debe facer cun río. Así de taxante se mostrou o coordinador do libro ‘O tempo dos Ríos’, o profesor Francisco Javier Martínez Gil. Doutor en Bioloxía pola Universidade da Sorbona e a de Barcelona, e actualmente, profesor da de Zaragoza, realizou un precorrido polas políticas erróneas que se levan a cabo nos nosos ríos. Ríos, que segundo afirmou son vistos únicamente como fonte de recursos para o beneficio particular e industrial e non como ben común para a cidadanía.

    Natureza

    Segundo Martínez Gil, fundador del foro científico de ‘la cultura del agua’, hai que atallar canto antes a mercantilización dos recursos naturais para devolvelos ó pobo como propietario lícito. Destacou a importancia da iniciativa popular como medida de presión para obligar á clase política a protexer a natureza, como se fixo en Galicia, coa lei de protección dos ríos aprobada por unanimidade no Parlamento galego e que é a primeira deste tipo en España.

    A idea do que eran os ríos, do que segundo estes autores deberían voltar a ser, recordábaa outro dos coordinadores do libro, o profesor da Universidade da Coruña, Manuel Soto Castiñeira. Galicia, país dos dez mil ríos.

    Redacción Salnés