Os empresarios do Salnés danse cita en Vilagarcía reivindicando a súa aposta pola innovación

O SALNES> Empresarios de toda a comarca do Salnés danse cita na Cámara de Comercio de Vilagarcía para analiza-las novas axudas do Instituto Galego de Promoción Económica. Ao acto asistiu o Conselleiro de Economía. Francisco Conde animou ós empresarios e emprendedores a apostar pola innovación como garantía de competitividade.

A innovación para o impulso da competitividade na nosa comunidade foi o gran eixo do Networking Galicia 2020. A cita, celebrada onte ó serán na Cámara de Comercio de Vilagarcía, serviu para dar a coñecer distintos proxectos empresarias da Comarca do Salnés e para informar das distintas liñas de axuda que lanza a Xunta neste exercicio. Ao acto acudiu o Conselleiro de Industria. Francisco Conde animou ós empresarios a apostar pola innovación na procura da transversalidade entre os diferentes sectores produtivos da comarca.

O conselleiro defendeu a necesidade de construír escenarios que fomenten o emprendemento, especialmente o xuvenil e o feminino. Tamén puxo en valor as partidas destinadas ó fomento da empregabilidade, en especial ás axudas ós autónomos.

Conde tamén destacou o compromiso pola formación de Vilagarcía de Arousa, reflectido en iniciativas como a súa participación no programa de obradoiros de emprego ou ao desenvolvemento de plataformas como o coworking do Salnés. O presidente da Cámara de Comercio aproveitou para reivindicar máis apoio para a formación específica para o tecido empresarial da comarca.

No coloquio organizado para poñe-lo broche de ouro a esta edición do Networking Galicia tamén interviron o presidente da FECA, José Luis Vilanova, e o Presidente de AJE Pontevedra, Jesús Rey Rodríguez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí