Alumnos do colexio Abrente visitan os muíños de Barrantes

    visitaabrenteamuiosbarrantes_100_140307.jpgRIBADUMIA > Os muíños convertéronse esta mañá na aula de preto de cincuenta alumnos de quinto e sexto de primaria do colexio Abrente.

    Os nenos descubriron nesta visita os segredos destas construccións tradicionais e a riqueza paisaxística e natural do seu entorno. A primeira parada da xornada foi no muíño de Chantada, onde a guía turística municipal explicou o proceso de elaboración de pan de xeito tradicional, desde a moenda dos grans de millo ata a cocción da masa.

    visitaabrenteamuiosbarrantes_300_140307.jpgOs rapaces seguiron o sendeiro ata o terceiro muíño da ruta, disfrutando da natureza, do río e da mestura entre a tradición e a natureza. Asemade, o entorno do primeiro muíño e as súas mesas e bancos foron o escenario elixido para o xantar. Estas rutas gratuítas, organizadas pola concellería de Turismo do Concello de Ribadumia, ofrecen ós diferentes centros escolares da provincia a oportunidade de disfrutar da riqueza paisaxística e patrimonial do municipio. Para inscribirse é necesario chamar ó Concello ou acudir á oficina de turismo.

    Redacción Salnés