Comeza o acondicionamento do bordo fluvial de Catoira a Valga

    obrasrotondacatoira_100_150307.jpgCATOIRA > Ó longo desta semana deron comezou dúas obras importantes para o concello. Por unha banda, xa se está a executar

    … a construcción dunha rotonda no acceso á ponte interprovincial, co obxectivo de mellorar a seguridade vial nunha zona de escasa visibilidade. Da outra, destacamos as obras de acondicionamento do bordo fluvial para construír a senda peonil ata o límite con Valga.

    bordefluvialcatoira_200_150307.jpgXa están en marcha as obras de acondicionamento do bordo fluvial de Catoira. A empresa Indeza iniciou a limpeza e delimitación da senda peonil que percorrerá a beira do Ulla ata o límite co concello de Valga. O sendeiro terá unha lonxitude total de case dous quilómetros e nel colocaranse obstáculos para impedir o acceso de vehículos a motor. O Concello lembra que para construír esta senda eliminarase o recheo na zona do serradoiro. Na intersección coa ponte construirase unha glorieta e plantaranse árbores autóctonas. Tamén se habilitará un peirao onda as Torres para embarcacións recreativas. Ademais, nas inmediacións da vía de acceso ás Torres acondicionarase unha área de estacionamento. O proxecto conta cun orzamento de máis de 693 mil euros.

    En Catoira tamén comezaron esta semana as obras de construcción dunha rotonda no acceso á ponte interprovincial. O goberno local lembra que a obra xa fora adxudicada hai 8 meses pola Deputación de Pontevedra. Os traballos están a ser executados pola empresa Covsa, cun presuposto duns 137 mil euros.

    Por outra banda, o Concello de Ribadumia solicitou unha subvención á Consellería de Presidencia para mellorar o entorno da Casa Consistorial. O proxecto presentado, que ascende a 28 mil euros, establece de forma prioritaria aquelas obras de mellora máis urxente, como a iluminación, a recollida de augas do edificio e a accesibilidade ó mesmo.

    Redacción Salnés