O PP de Cambados critica a xestión do concello e da Mancomunidade coa avaría no subminitro de agua

CAMBADOS> O PP de Cambados denuncia o problema de abastecemento de auga que sufriron diferentes zonas do municipio, entre elas o polígono de Sete Pías. Os populares culpan ao goberno local e á mancomunidade do Salnés de inactividade.

Un problema na tubaxe de abastecemento de auga no concello de Meis deixou sen subministro de auga a diferentes zonas do concello de Cambados. Entre elas o polígono de Sete Pías. Unha problemática que denuncia o partido popular.

Dende o concello enviaron un escrito informando que os problemas proviñan de Meis e Ribadumia e que xa contactaron con Viaqua, a empresa concesionaria da xestión para atopar unha solución. A solución non convence aos populares que acusan tanto ao goberno local como a mancomunidade do Salnés de inactividade.

Os populares tamén denuncian que o concello non falou nin coas empresas afectadas nin co goberno de Ribadumia e que está mentindo aos veciños. A falla de subministro de auga obrigou a algunha destas compañías a contratar auga a servicios privados. Hoxe tiveron que pechar as súas portas.

O concello de Cambados informou ao longo da tarde de que a avaría xa está arranxada. Aínda así, os populares piden ao concello que busque unha alternativa para evitar que a vila quede sen subministro de auga cando haxa problemas na rede de abastecemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí