Meis propón liberar a AP9 como alternativa á autovía

    alcaldemeis100_130407.jpgMEIS > O Concello remitiu onte á Dirección Xeral de Obras Públicas un análise pormenorizado das alternativas formuladas para o corredor …

    … Pontevedra Vilagarcía. O goberno local afirma que todas elas resultan unha clara agresión ós vales e montes polos que discorren, provocando graves problemas de alteración hidrolóxica en zonas habitualmente inundables.

    O Goberno de Meis formula algunhas solucións á alternativa centro, denominada ‘elixida’ no proxecto da autovía Pontevedra Vilagarcía. Para minimizar o impacto sobre o val proponse prolongar a lonxitude do túnel proxectado e rebaixar as rasantes, o que permitirá no nó de enlace en A Goulla alonxarse da zona habitada.

    po531meis200_130407.jpgNo enlace de Curro, o Concello advirte esta alternativa elixida tamén afecta de modo gravísimo ó Solo Urbanizable Industrial 2 e ós terreos do Polígono de Meis, a numerosas vivendas de modo directo e a outras que quedaría atrapadas entre o nó de vías proxectado. Neste caso propón que se desprace a traza uns 400 metros máis cara Pontevedra mantendo como eixo principal o enlace de comunicación entre a vía do Salnés e a AP-9. No caso de vivendas a expropiar, no estudo da Xunta indícase unha ducia e 361 metros cadrados de edificación auxiliar pero o alcalde de Meis advirte que son máis e que hai que engadirlle diversos comercios.

    Ademais, o Concello sinala unha grave omisión no estudo económico e de expropiacións que ignora a existencia de dúas canteiras nos montes afectados. Precisamente sobre este asunto, hoxe a CIG presentou outras 40 alegacións presentadas polos traballadores das empresas Áridos del Umia, Hormigones y Áridos La Barca, Granitos Triturados, Marcelino Martínez e David Fernández Grande e transportistas, que se sumaron ós traballadores das principais canteiras. Xunto ás do outro día son en total 215 alegacións. Sobre as alternativas este e oeste, o Concello xa non engade nada por descartalas o propio estudo.

    Segundo observa o Concello, resultaría innecesario un trazado paralelo á AP-9 si se eliminase a peaxe nesta autoestrada para os percorridos Pontevedra – saída Vía do Salnés, Pontevedra – Caldas e no tramo entre Meis e Caldas. Para o Concello esto resolvería o grave problema que supón actualmente o enorme volume de tráfico existente na Po-531, que quedaría para desprazamentos curtos e resultaría máis económico desde o punto de vista investidor.

    Redacción Salnés