Cinco xornalistas do Reino Unido visita a D.O. Rías Baixas

Pontevedra> A Denominación de Orixe Rías Baixas recibiu nestes días a visita de cinco prescriptores do Reino Unido. Unha viaxe de tres días onde estes xornalistas puideron visitas as tres Subzonas da D.O, o Salnés, Condado e O Rosal. Un percorrido pola Denominación de Orixe que concluíu esta mañá cunha cata, na sede do Consello Regulador, de 15 caldos pertencentes a bodegas que participan no Plan Promocional do Reino Unido.

Cinco xornalistas do sector do viño visitaron nestes días a Denominación de Orixe Rías Baixas procedentes do Reino Unido. Trátase dunha das oito campañas promocionais que desenvolven dende esta entidade a nivel internacional. Dende a D.O traballan moito a formación a través de seminarios, e tamén as misións inversas, como a realizada con estes prescriptores do Reino Unido.

Estes cinco xornalistas especializados no sector do viño chegaron o pasado domingo e durante tres días visitaron e coñeceron de primeira man algunhas das adegas que están inmersas no Plan Promocional no Reino Unido.

Unha visita importante xa que o Reino Unido, é, despois dos Estados Unidos, o segundo mercado de maior venda na Denominación de Orixe Rías Baixas.

Unha Denominación de Orixe que ten unha axenda completa ao longo das vindeiras semanas, a primeira parada será este domingo na London Wine.

103 adegas das 181 pertencentes na Denominación de Orixe Rías Baixas venden a nivel internacional os seus viños. Unha nova moi positiva, xa que ano a ano, cada vez son máis as adegas que se animan a unirse aos plans de exportación da D.O.