A Brilat desinfecta a residencia Divina Pastora para previr a infección por coronavirus

VILAGARCÍA> Os efectivos da Brilat continúan coas tarefas de desinfección preventiva dos puntos máis delicados na crise do coronavirus.

Hoxe desembarcaron en Vilagarcía para realizar estes traballos na residencia da terceira idade Divina Pastora; acción enmarcada na Operación Balmis. Neste caso non se rexistrou ningún positivo en COVID-19 no centro, nin entre os residentes nin entre os traballadores que os atenden. Tampouco hai ninguén en corentena. Na actualidade, na residencia hai 98 usuarios atendidos por 56 profesionais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí