![]()
NOIA> A medida iniciarase este sábado e prolongarase, se todo marcha sobre o previsto, durante un período dunha semana.
{flowplayer}barbanza/pechepontedocampo.flv{/flowplayer}
As obras para conectar as novas tubaxes da rede de saneamento instaladas nos malecóns de Gasset e Cadarso, obrigan ó executivo noiés a proceder ó peche total da circulación pola ponte do Campo, pola que discorre a estrada comarcal 550, unha das principais vías de acceso á localidade. Os vehículos serán desviados pola ponte de San Francisco dende a estrada de Boiro, a excepción do tráfico pesado, que estará obrigado a ir a Lousame, por San Roquiño, para enlazar posteriormente con Portobravo e a estrada a Santiago.
Inicio do corte
Os cambios comezarán a ser efectivos este próximo sábado, a primeira hora da mañá, agardándose a que non se prolonguen máis dunha semana.
Disculpas
Dende o concello piden desculpas polas molestias que estes cambios na circulación poden causar, aínda que inciden na importancia da obra que se está a realizar e que será beneficiosa para tódolos noieses.
Redacción Barbanza










