Boiro anima a vivir a súa Semana Santa

BOIRO> Boiro foi madrugador para a presentación dos actos da súa Semana Santa. As actividades que se celebrarán entre o 21 de marzo e o 5 de abril baixo a organización da Irmandade do Cristo da Misericordia arrancarán coa imposición de medallas ós novos confrades e a lectura do pregón a cargo este ano de Carlos María López del Rio.

Dende a parroquia destacan o amplo programa de actos litúrxicos e procesións previstos, entre eles o Xoves Santo a celebración da cea de Cristo, a Hora Santa e procesión do Ecce Homo e Virxe da Amargura; e o Venres Santo a Paixón de Cristo e Procesión do Santo Enterro.

Por segundo ano sairá a procesión da Nosa Señora da Piedade, o mércores Santo, tamén unha das principais novidades do cartel deste ano xunto co cambio de percorrido, un pouco máis curto que o habitual.