Seguen sen detecta-lo fallo eléctricou que causou a morte dun veciño

    farolaribeira_100_150307.jpgRIBEIRA > Continúan as investigación para detecta-los fallos na rede do alumeado público que provocaron a descarga eléctrica que lle costou a vida a un veciño.

    A empresa encargada do mantemento non detectou aínda a causa que provocou as emisións de electricidade que, durante as festas do entroido, foron denunciadas por varios veciños.

    Os feitos aconteceron o pasado 20 de febreiro cando un mozo de Corrubedo faleceu a causa dunha descarga eléctrica procedente dunha farola do alumeado público mentres desfrutaba das celebracións do luns de entroido.

    Tralo tráxico suceso, o concello encargou á empresa Lijó, responsable do mantemento, a realización dun estudo detallado para determinar as causas do sinistro. Sen embargo, ata o momento, os técnicos que están a realizar a inspección non detectaron a orixe das descargas que se viñeron producindo nesa farola durante os últimos meses e que, nalgunhas ocasión, mesmo foran denunciadas polos veciños con anterioridade á tráxica morte de Íñigo Castro.

    Mentres tanto, continúa o proceso xudicial inciado pola familia do falecido para esclarecer as causas da morte. A xuíz que instrúe a investigación citou a declarar para o vindeiro dia 29 ás testemuñas presentadas polo avogado da acusación e os que figuran nos informes policías que afirmaron sufrir descargas en datas anteriores ó sinistro.

    Redacción Barbanza