O concello da Pobra volve a ofertar a actividade de ‘Espazos en Familia’

POBRA> A iniciativa, totalmente gratuíta, busca axudar ós pais na educación dos seus fillos.

A boa experiencia vivida o pasado ano, levou ó Concello a apostar de novo por esta actividade que leva da man da asociación socio-educativa Antonio Gandoy. Desenvolverase semanalmente, tódolos martes de once e media a unha na Casa de Cultura.

A iniciativa destinada a familias con nenos de cero a tres anos ten coma principal finalidade axudar ós país, en moitos casos primeirizos, na educación dos seus fillos, nunha idade vital na súa formación.

É o caso de Mirian que este ano repetirá experiencia.

Aquelas familias interesadas aínda están a tempo de anotarse. require inscrición previa que pode realizarse a través do propio departamento de Servizos Sociais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí