Jealsa e Cruz Vermella renovan a súa colaboración que xa fixo posible unha década de Luideduca

BOIRO> A Cruz Vermella de Boiro e Jealsa renovaron a súa colaboración para dar continuidade ó programa de educación en valores ‘Ludieduca’. Esta iniciativa cumpre este ano o décimo aniversario para o que ámbalas dúas entidades están a organizar unha gran festa de celebración.

Xa vai alá unha década dende que a Cruz Vermella de Boiro iniciase o programa Ludieduca nos centros educativos da man de Jealsa.

O éxito inicial fixo que esta iniciativa, que promove a educación en valores entre os cativos de primeira, se estendese tamén á Pobra chegando na actualidade a un total de oito centros escolares.

Co gallo do décimo aniversario, celebrase unha festa o próximo 16 de xuño no pazo de Goiáns na que se fará un repaso do que é Ludieduca da man de antigos alumnos, hoxe xa adultos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí