![]()
A ILLA > O anuncio da nova incorporación foi feito polo candidato do PP da Illa e presidente local do partido, Juan José González.
O cabeza de cartel do PP illeño asegura que esta nova incorporación continúa o proxecto de renovación que se está levando a cabo no PP da Illa. Ramón Ferro Dios, ten 29 anos, é mariñeiro de profesión, e conta cunha longa traxectoria no mundo do piraguismo.
Actualmente forma parte do Club da Illa de Arousa e da Selección Española de Piraguismo na categoría de maratón; ademáis conta con varios títulos, entre eles o de subcampión do mundo, na categoría de maraton.
O resto da lista popular da llla darase darase a coñecer proximamente, pero o candidato asegura que será novedosa e representativa de tódolos colectivos e parroquias do concello. Por certo que Juan José González presentarase como cabeza de lista este sábado.
Redacción Salnés






