Erotismo e música na inauguración de SEDA 2007

    seda100_160307.jpgVILAGARCÍA > A sensualidade e o erotismo de SEDA arrancaron hoxe tres días dedicados ó II Salón Erótico do Atlántico. Os protagonistas da inauguración foron Conrad Son, …

    … a Porno Band, os mozos que animarán estes tres días, e como non, algo que se está a converter en tradición: o alcalde de Vilagarcía, Javier Gago volveu a ser unha caixa de sorpresas.

    sedaartistas_200_160307.jpgComo a seda. Así foi a inauguración do salón máis quente de Galicia. Por segundo ano consecutivo Conrad Son e compañía subiron uns graos a temperatura no recinto feiral de Fexdega. Durante esta fin de semana os visitantes deste Salón poderán gozar da zona erótica, da zona X e de tódolos stands que conforman este II Salón Erótico do Atlántico. Intres antes da presentación oficial, os actores e actrices lucían deste xeito antes os medios. Conrad Son, pai artístico do proxecto falábanos das súas expectativas e aseguraba que os nervios sempre están presentes neste tipo de actos nos que o éxito depende do público.

    sedagago200_160307.jpgA Porno Band marcou o ritmo desta presentación: unha por unha as estrelas do Seda foron desfilando polo escenario. Uns minutos despois chegou a sorpresa da tarde. Javier Gago, alcalde de Vilagarcía subiu ó escenario. E se ben o ano pasado sorprendeu a todos cuns acordes dos Beatles este ano amenizou o peche da presentación cun pouquiño de Sabina, e ademais de tocar a guitarra desta vez animouse a pórlle voz ó tema ‘Princesa’, flanqueado por dúas das artistas de SEDA. Iso si, asegurou que este ano sería a derradeira vez.

    26 horas de erotismo

    A segunda edición de SEDA ofrecerá esta fin de semana máis de 26 horas de intenso espectáculo erótico que farán subir os graos de Vilagarcía, tal como aseguran desde a organización. Nesta ocasión pretende dar máis protagonismo ó público feminino, con máis espectáculos e máis artistas. En total, dezaseis artistas de talla internacional ofrecerán, durante todo a fin de semana, diversos espectáculos nos escenarios que se habilitarán en Fexdega. A organización indica que en SEDA se farán espectáculos cun toque de erotismo, sensualidade, suavidade e estilo. Como novidade, destacan o AEROSTRIP, as galas de Fetish Glam, ou pases de películas eróticas e pornos en sesión continua.

    seda200_160307.jpgNon faltarán o casting de actores, un dos grandes éxitos da pasada edición ou o paseo das estrelas onde os fans poderán recoller autógrafos e fotografarse cos artistas. O Salón actuará ademais como plataforma para contactos profesionais e internacionais, e terán cabida conferencias, exposicións de arte, presentacións de literatura erótica, entre outras actividades complementarias. A Concellería de Xuventude de Vilagarcía instalará tamén un stand no que distribuirá información sobre a prevención de enfermidades sexuais xunto con 8 mil preservativos. Nesta edición haberá novos horarios. O sábado abre de seis da tarde a 3 da mañá e o domingo, de catro da tarde ata medianoite. O prezo mantense a 20 euros.

    Redacción Salnés