O PP de Vilagarcía súmase á recollida de firmas para que o IES Miguel Ángel González Estévez manteña o seu nome

VILAGARCÍA> O Partido Popular súmase a unha iniciativa cidadá de recollida de sinaturas para que o instituto de Carril non mude o seu nome. Os populares únense á veciñanza para que o centro se continúe chamando IES Miguel Ángel González Estévez e non IES O Carril como decidiron dende o consello escolar do centro. O Partido Popular destaca a importancia que tivo Estévez para o centro carrilexo así como para diferentes proxectos sociais e deportivos de Vilagarcía.

O pasado 3 de maio o DOG publicaba unha orde do 22 de abril na que se autorizaba o cambio do nome do Instituto de Carril. A petición da dirección do centro, e tras ser aprobado antes polo consello escolar, decidiuse mudar o nome de IES Miguel Ángel Gonzélz Estévez polo de IES O Carril. Unha decisión que non gustou a parte da veciñanza de Vilagarcía que comezou a recoller firmas para evitar este cambio. Dende o partido popular da vila tampouco están a favor de mudar o nome e súmanse a esta recollida de sinaturas.

Dende o partido Popular resaltan a importancia que tivo Miguel Ángel Estévez no instituto de Carril así como noutros proxectos sociais e deportivos da vila.

A iniciativa foi moi apoiada en changue.org pero ao ser online, parte da veciñanza non puido firmar ao no ter os medios ou coñecementos para poder facelo. Por iso o partido popular recollerá as sinaturas na súa sede.

Ademais da recollida de sinaturas, o partido popular tamén levará unha moción a pleno pedindo o apoio do resto de partidos do concello de Vilagarcía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí