A música volve fusionarse co viño no regreso dos Xoves de Códax

CAMBADOS> Os Xoves de Códax están de volta. A novena edición deste ciclo musical recupera o pulso e faino reunindo a diferentes artistas nunha serie de concertos nos que moitos mesmo terán que fusiona-los seus proxectos. Uxía Senlle, Xabier Díaz, Eladio y Los Seres Queridos e Las Antonias son algúns dos nomes propios que pasarán pola terraza de Martín Códax ao longo das vindeiras semanas.

Na adega Martín Códax había moita sede de música. Despois de dous anos condicionados pola pandemia, volven os Xoves de Códax. E regresan mantendo vivo o seu espírito no que o viño e a música convértense nun só elemento nos solpores dunha das terrazas máis icónicas do Salnés.

O programa arranca no mes de xullo con dúas citas: o 21 e o 28. Nesta última data participará unha vella coñecida dos Xoves de Códax. Uxía Senlle fusionará o seu talento co de Javier Ruibal e Pedro Guerra, nun concerto moi especial para ela.

Mesmo sentir o de Xabier Díaz, que abre a programación de agosto o día 4 cun concerto no que estará acompañado de Antía Muíño.

A terceira e derradeira xornada de agosto virá da man de Eladio y Los Seres Queridos, que xa teñen participado nos Xoves de Códax, xunto con Las Antonias. Elas debutan este ano neste ciclo e hoxe, non agochaban a súa ledicia.

Ademais, outro dos elementos que se mantén é a finalidade social dos Xoves de Códax. Como nas anteriores edicións, todo o recadado destinarase a proxectos sociais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí