Boiro acomete un plan de melloras nos colexios do municipio

    BOIRO> O executivo boirense está a desenvolver un plan de melloras das infraestruturas deportivas e parques nos distintos colexios do municipio. Estas actuacións ascenden a cento vinte mil euros financiados integramente con fondos propios. Trala construción do parque infantil na escola do Saltiño, o executivo traballa agora na dotación dunha pista polideportiva no colexio de Praia Xardín. Unha vez rematada, actuarase no colexio de Santa Baia está prevista a pavimentación dunha área para a construción do parque infantil. En Escarabote reformarase a actual pista que ocupa unha superficie de mil metros cadrados así como a ampliación do parque infantil. Do mesmo xeito actuarase nos colexios de Cabo de Cruz, Exipto e Cespón. Con estas obras preténdense cubrir as deficiencias que presentaban os colexios boirenses. Deficiencias que o executivo atribúe a anos de abandono no seu mantemento.A maior parte das obras estarán rematadas antes de que remate o curso.