Alumnos da Pobra e Ribeira coñecen as vantaxes dunha dieta saudable

RIBEIRA> O IES Coroso de Ribeira acolleu esta mañá a primeira xornada sobre alimentación saudable. Nesta iniciativa, desenvolvida en colaboración co IES da Pobra, participaron alumnos dos ciclos de Dietética e de Industrias Alimentarias.

A importancia de comer ben e as pautas para seguir unha alimentación saudable centraron a xornada formativa que compartiron estudantes do IES Coroso de Ribeira e do IES Pobra. A actividade arrancou cunha serie de obradoiros nos que os alumnos dos ciclos de dietética e os de industrais alimentarias compartiron experiencias sobre os hábitos de alimentación.

O obxectivo desta iniciativa é afondar nas pautas de alimentación dos adolescentes para corrixir certas tendencias nocivas e promover unha dieta saudable.

Tras unha serie de charlas, os estudantes do centro ribeirense elaboraron un almorzo saudable a base de froita de tempada que compartiron entre tódolos participantes.