O presidente dos populares galegos, Núñez Feijoo, visita a escola de canteiros

    feijoocanteiros__200307100.jpgPONTEVEDRA > O presidente do PP de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, visitou esta mañá a escola de canteiros

    …de Poio. Un centro único en Galicia, que recibiu as visitas de algúns alcaldes e candidatos do PP. Neste centro fórmanse os artesáns da pedra tan necesarios para conservalo noso patrimonio histórico. Algúns dos cargos do Partido Popular na provincia, encabezados por Alberto Núñez Feijoo, visitaron por iniciativa propia as instalacións da escola de canteiros de Poio en Pontevedra. Un centro financiado totalmente pola Deputación de Pontevedra. No acto tamén estiveron o presidente da Deputación ,Manuel Louzán o director do centro e Rafael Fontoira.

    Falamos dunha escola pioneira e exclusiva na que os alumnos aprenden o difícil arte de traballala pedra. Unha escola que leva 28 anos aberta e que xa formou a 3.000 canteiros. Trátase, sen dúbida, dun arte difícil como demostra que menos da metade rematan os cinco anos de formación que lles brinda a escola. Os políticos puideron apreciar de cerca ó nivel da escola.

    O presidente dos populares galegos explicou os seus plan para este complexo. Feijoo recalcou a necesidade de que esta formación acade a homologación que merece. Suliñou que desde esta escola fomentase o emprego e a restauración do patrimonio.

    Actualmente 35 alumnos, dende italianos a galegos, cursan esta complicada formación que lles converterá nuns auténticos artistas da pedra.

    Redacción Salnés