O concello dispón dun ano para formalizar a compra do Pazo de Rianxiño

RIANXO> O concello de Rianxo e a orde relixiosa propiateria do Pazo de Rianxiño asinaron ante notario o acordo de compravenda do edificio que albergará o centro de día. O concello dispón agora dun prazo dun ano para recabar os fondos necesarios para a adquisición do pazo e da finca, valorados nun millón seiscentos mil euros. A Deputación da Coruña xa comprometeu parte do financiamento para a súa construción aínda que será o concello que asumirá preto do oitenta por cento do total. Pola súa banda, o concello iniciará os contactos coa Xunta para lograr a incorporación do centro á rede pública de centros de día de Galicia en lugar de contar con prazas financiadas. En canto ó equipamento, o concello está a valorar a ampliación de servizos habilitando tamén unha residencia.