O paro descende un 2’45% en xuño na provincia de Pontevedra

    DATOS_PARO copia.jpgPONTEVEDRA> No conxunto de España a cifra de desempregados elévase a catro millóns seiscentas quince mil persoas.

    {flowplayer}images/salnes/DATOS_PARO_XUNO.flv{/flowplayer}

    Catro millóns seiscentas quince mil persoas en paro. Estes son os últimos datos coñecidos respecto ó mes de xuño facilitados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Isto supón unha baixada con respecto a maio en case noventa e nove mil persoas, ou o que é o mesmo un descenso porcentual do 2’1%.

    Trátase da caída máis elevada de toda a serie histórica do desemprego do pasado mes. E xa van tres consecutivos de descenso da taxa de desemprego, algo xa habitual nesta época do ano debido ós contratos temporais que se realizan para a tempada estival.

    Pero nesta ocasión, o descenso logrado do paro en xuño foi superior ó conseguido nos anos anteriores da crise. De feito, nos últimos doce meses estas cifras incrementáronse en case medio millón de persoas, cun aumento porcentual de case o 12%. Agora haberá que agardar se estes datos se traducen nunha tendencia positiva.

    Se falamos de Galicia, a Comunidade Autónoma rexistrou un total de 269.000 desempregados o que supón, con respecto a maio, un descenso do paro de 7.400 persoas. Destas, 2.664 se contabilizaron na provincia de Pontevedra, o que supuxo un 2’45% menos de parados.

    Se atendemos ós diferentes sectores, en xuño o paro diminuíu en todos eles salvo na agricultura. O de servizo experimentou o descenso máis acusado con 52.600 desempregados menos; na construción reduciuse en 17.000 persoas e na industria baixou un 1’8%.

    Por sexos, o paro baixou tanto entre as mulleres coma entre os homes pero máis entre estes últimos con 52.800.

    Redacción Salnés