CALDAS DE REIS > A xunta local de seguridade de Caldas de Reis, celebrada esta mañá, constatou o descenso da delincuencia na vila,
tanto en delitos e faltas, coma en violencia de xénero. O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín fernández presidiu esta xunta na que se acordou a creación dunha mesa permanente de seguridade na que participarán Policia Local e Garda Civil.
O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey e o subdelegado do goberno en Pontevedra Delfín Fernández, celebraon hoxe xunto coa Policía Local e a Garda Civil, a xunta local de Seguridade. Nela concretouse a implantación dunha mesa permanente de seguridade co fin de coordinar o traballo conxunto de ambos corpos. Delfín Fernández salientou o descenso generalizado da delincuencia en Caldas, cunha taxa un 21 por cento maís baixa en 2006 con respecto ó ano anterior.
Tamén a violencia de xénero descendeu de 9 a 4 casos, a metade de ano a ano. O subdelegado referiuse tamén ás tarefas pendentes, como a definición de competencias territoriais dos corpos en materia de seguridade vial e tráfico. O alcalde, Juan Manuel Rey, mostrouse moi satisfeito con este descenso dos delitos e moi especialmente cos relativos ás drogas, xa que segundo salientou pon en valor os operativos conxuntos de Policía Local e Garda Civil.
Redacción Salnés