NOIA> O concello de Noia inauguraba esta mañá o primeiro treito do camiño de Santiago da Ría de Muros Noia trala súa restauración ambiental. Ademais do reforzo do firme e a mellora da accesibilidade, instaláronse varios paneis informativos na senda entre Pontenafonso e Orro.
Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia poderán disfrutar dun treito totalmente acondicionado. Trátase da ruta entre Pontenafonso e Orro, no concello de Noia, na que se acometeron tarefas de restauración ambiental e paisaxística, procedendo ó reforzo do firme e a ampliación da zona de tránsito.
A actuación incluíu tamén a instalación de paneis informativos sobre a fauna e a flroa da zona así como os diferentes elementos etnográficos e patrimoniais polos que discorre a ruta.
O investimento neste treito roldou os 90 mil euros enmarcados nun programa de rexeneración de sendas litorais de Galicia. O obxectivo da ARD Muros-Noia é seguir a traballar na mellora dos distintos tramos do camiño para facelo máis accesible e uniforme a través do Plan de Sostenibilidade Turísitca que implicará actuacións por valor de máis de dous millóns e medio de euros nos cinco concellos da ría de Muros-Noia.











