SANXENXO > Estará situada nas inmediacións da vía rápida, nunha antiga canteira ubicada en Vinquiño, Adina.
O solar onde se proxecta esta Cidade Deportiva ten unha superficie de case 38.000 metros cadrados onde irán dous campos de fútbol 11, un de terra e outro de céspede artificial de última xeración. Ademais contará con gradas cubertas para 750 espectadores no campo principal e para 200 no outro.
Haberá aseos públicos, cantina e taquillas, así como unha sala de trofeos, un cuarto de caldeiras e un almacén. Os vestiarios irán nunha estructura independiente e a súa cuberta será transitable, o que permitirá instalar unha terraza para a cafetería. O alumeado farase a través de catro columnas con 6 luminarias de 1.000 vatios e poranse paneles solares e acumuladores para ter auga quente.
Tamén está contemplado o peche de todo o recinto e a dotación de equipamento deportivo básico, como porterías, banderines de esquina abatibles e banquiños. O concelleiro de Deportes, Ángel Casal asgura que ‘a construcción destas instalacións significa un esforzo municipal sen precedentes que colocará a Sanxenxo na vangarda deste tipo de instalacións e cubrirá as demandas de tódolos veciños e clubs.
Redacción Salnés