CAMBADOS> Trátase de dous xogadores arxentinos, que ocupan os postos de base e pívot e outro reforzo máis que alternará o primeiro equipo co de autonómica.
A falta de tres semanas para o inicio do campionato ligueiro, o Establecimientos Otero semellla que pecha o seu plantel. Faino con tres incorporacións dunha tacada, tardías pero que poden dar bo resultado.
Por unha banda chega Juan Martín Orellano, un base arxentino de 22 anos, que o ano pasado militou en LEB Prata, nas filas do Illescas. Pasou tamén polo Fuenlabrada para agora recalar en Cambados a onde chega con gañas de reivindicarse. A súa estatura de 199 centímetros e a versatilidade do seu xogo, fanlle ser un xogador polivalente do que Yago casal poderá sacar moito partido en diferentes posicións.
O outro arxentino é Guido Villamil, que como Orellano, criouse na canteira do Boca Juniors. Ten 23 anos de idade e mide 2,05. O seu papel será o de completar a rotación do xogo interior.
O terceiro reforzo foi o de Javier Patiño, de 19 anos e procedente do Peleteiro. Ven nel unha fichaxe de futuro de ahí que vaia alternar o primeiro equipo co de autonómica para favorecer a súa progresión.
Así as cousas o plantel queda conformada polos bases Taylor García, Lucas Vaquero e Juan Martín Orellano; os exteriores Javier Patiño, Jesús Díaz del Río, Manu Fernández e Berni Castillo e os interiores Juan Mato, Norman Rey, Alberto Rodríguez e Guido Villamil.
Todos agás Juan Mato, xogaron onte un amistoso en terras ourensáns ante o ABO, con clara victoria cambadesa por 51-74. O equipo seguirá preparándose para o inicio ligueiro o 29 de outubro no Pombal ante o Chantada.
Redacción Salnés