Pablo Barreiro e Javier Torcida, competirán no cto. europeo da clase 420, en categoría absoluta

VILAGARCÍA> O regatista Pablo Barreiro, actual campión de España da clase  420 en categoría mixta,  atópase  preparando o vindeiro campionato de Europa.

Aínda que so conta con 17 anos, competirá no europeo absoluto que se celebrará do 1 o 10 de xullo en Portoroz – Eslovenia.  Nesta ocasión o galego navegará cun novo compañeiro, o cántabro Javier Torcida do RCM de Santander, quen hai uns meses se proclamara campión galego absoluto.

Arestora, os membros da selección galega de 420, están concentrados no Centro Galego de Vela en Vilagarcía preparando a súa participación nese campionato.  Inés Ameneiro e Natalia Domínguez, Luis Wizner e Pablo Paz, Fer del Castillo e Martín Seonane, son algunhas das tripulacións que baixo o mando do seleccionador galego Hugo Fernández, tamén acudirán a Eslovenia.

A pesar de que a Federación Española de Vela non aporta loxística, financiación, nin organización algunha,  29 tripulacións españolas participarán neste campionato, correndo toda a organización a cargo da xunta directiva da clase 420.  

En Galicia, a clase 420 está en auxe. Na tempada 22/23 competían 12 tripulacións, na 23/24  pasouse a máis de 20, e para a vindeira tempada espérase que máis de 25 barcos se dean cita nas diferentes probas do calendario galego.

Relacionadas:

Recepción ao vilagarcián Pablo Barreiro en Ravella tras proclamarse campión de España de vela

Pablo Barreiro e Alba Díaz, campións de España de vela lixeira na clase 420, categoría mixta.

O vilagarcián Pablo Barreiro e a coruñesa Alba Díaz, a piques de acadar o campionato de España da clase 420.