Inminente mellora da seguridade vial na estrada C-550 ó seu paso polo Freixo

estradafreixo_100_220307.jpgBARBANZA > Xosé Manuel Lage anunciou a inminente actuación da Xunta de Galicia na estada C-550 ó seu paso polo núcleo do Freixo no concello de Outes.

Segundo informou o deputado socialista a Xunta de Galicia ten previsto construir beirarrúas en dous tramos da estrada C-550 ó seu paso polo Freixo, nas zonas de Vilariño e de Freixo-Figueroa, atendendo así á petición do PSOE da localidade para que se mellore a seguridade na zona e os veciños do Freixo teñan mellores servizos. A inversión prevista nesta actuación de mellora da seguridade vial supera os 230 mil euros.

Por outra banda Lage Tuñas informou tamén do inminente arranxo do tramo da estrada C-550 comprendido entre Serra de Outes e a Ponte de Ceilán cuxo firme se atopa nun pésimo estado. A intención da Xunta pasa fundamentalmente por saca-lo a licitación durante o vindeiro mes de abril.

Visita á Pobra

lage_200_220307.jpgNoutra orde de cousas,  Xosé Manuel Lage desprazouse ata o concello da Pobra para manter unha xuntanza coa comunidade educativa do colexio Salustiano Rey Eiras. Acompañado do candidato socialista á alcaldía da Pobra, Andrés Rey, e outros representantes do grupo municipal do PSOE, visitou as instalacións do colexio Salustiano Rey Eiras.

Alí puideron comprobar algunhas das deficiencias que xa denunciara a dirección do centro como a mellora dos aseos e da rede de tubaxes ou a eliminación de barreiras arquitectónicas. Os representantes socialistas comprometéronse a trasladar estas necesidades á Consellería de Educación e informaron de que, na actualidade, o departamento autonómico xa está a redactar un plan de accesibilidade axustado á normativa.

Novo comedor escolar

Outro dos compromisos adquiridos polo deputado socialista foi o de xestionar “unhas novas instalacións para ubicar o novo comedor escolar, xa que o actual non é suficiente e ademais presenta graves problemas funcionais e operativos”. Segundo informou, a delegación provincial de Educación está a valorar a viabilidade técnica de modificar espazos ou ben habilitar novas áreas para a súa ubicación.

Mentres tanto, a Xunta seguirá a destianr axudas para complemetar os servizos do comedor escolar, como a contía de 1500 euros concedida ó centro pobrés neste curso.

Durante a súa visita, Lage Tuñas destacou tamén o importanto esforzo inversor feito pola Xunta para dotar de novas tecnoloxías a tódolos centros educativos de Galicia. Concretamente nestes curso, Educación do once ordenadores e unha impresora ó Salustiano Rey Eiras. O obxectivo é que de cara ó 2009 en cada centro escolar haxa un ordenador por cada dous alumnos.

Redacción Barbanza