Noia prepárase para acoller unha nova edición das Xornadas de Historia

NOIA> Será do 30 de marzo ó seis de abril. Durante esa semana diversos historiadores afondarán sobre o pasado da vila, con especial atención este ano sobre a figura de Berenguel de Landoira.

Por noveno ano consecutivo a asociación cultural Barbantia, conxuntamente co concello de Noia, volve a organizar as Xornadas da Historia. A cita será a semana  do 30 de marzo ó 6 de abril e xirará este ano sobre a figura de Berenguel de Landoira, arcebispo de Santiago en 1317, un personaxe intimamente ligado á vila.

Dende o Concello destacaron a importancia destas Xornadas que poñen en valor a importante e rica historia de Noia.

O encargado de inaugurar as xornadas, o sábado 30 será o historiador Xerardo Agrafoxo cunha charla sobre as viaxes de Berenguel de Landoira. Nos días sucesivos tamén intervirán Ana Isabel Filueiras, Maite Sobradelo ou Iolando Mato e Lucía Cao, entre outros. As ponencias desenvolveranse na casa de cultura e na igrexa de Santa María A Nova. A maioría delas ás oito e media, a excepción da charla inaugural e da clausura que terán lugar ás sete da tarde.

Comments are closed.