Medio Ambiente autoriza a captación do río Vilacoba e desbloquea o polígono de Fontefría

poligonofontefria_100_111209.jpgLOUSAME> O concello de Lousame recibiu a comunicación da Consellería de Medio Ambiente que autoriza a captación de auga dende o río Vilacoba, como alternativa ó río Tambre. Este informe favorable era o único que faltaba para desbloquear definitivamente o polígono industrial de Fontefría.

{flowplayer}barbanza/poligonofontefria.flv{/flowplayer}

Ademais de permitir o desenvolvemento do plan de sectorización de Fontefría, a autorización da captación de auga dende o río Vilacoba supón unha importante redución do investimento.

Unha vez obtido o informe favorable por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a empresa responsable do plan de sectorización realizará os reaxustes incorporando a nova captación. Unha vez modificado enviarase de novo á Consellería para que emita o informe definito. A intención do concello é aporbar definitivamente o proxecto nun breve prazo para que as obras poidan iniciarse durante o próximo ano.

Este plan de sectorización de Fontefría suporá o acondicionamento de 120 mil metros cadrados de superficie divididos en corenta parcelas. No futuro podería sufrir ampliacións xa que conta cun terro anexo dun millón de metros cadrados catalogado como chan industrial.

Redacción Barbanza