O conselleiro de Medio Ambiente inaugura unha nova depuradora en Caldas

    edarcaldasok_220307.jpgPONTEVEDRA > Hoxe deuse un paso máis cara o saneamento do río Umia. O conselleiro…

    …de medio ambiente e o alcalde Caldas José Manuel Rei inauguraron hoxe a depuradora que a partir de hoxe tratara as augas residuais de 15.000 habitantes. Ademais, e coincidindo có Día Mundial da auga, presentouse un plan de seguimento integral para a conca do río Umia. 2,7 millóns de euros é o orzamento desta planta depuradora de augas residuais de Caldas. O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vazquéz e o alcalde de Caldas, Jose Manuel Rei inauguraron hoxe esta Edar que supón un paso máis para conseguilo saneamento integral do Umia.

    Un centro que conta coas últimas tecnoloxías que acercaran un pouco máis o saneamento deste río. O alcalde de Caldas asegurou que con esta depuradora a vila xoga ahora en “primeira división” Trátase das terceiras instalacións que se inauguran en case menos dun mes e que trataran de mellorar o estado do río, o máis contaminado de Galicia.

    Pouco despois, os mesmos protagonistas acompañados polo director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Manuel Fernández, presentaron plan de seguimento integral para a conca do río Umia. Ademais, en  conmemoración do día mundial do auga proxectouse o vídeo “Crónica do vertido de Umia” que conta os intensos días nos que o vertido provocado polo incendio da fabrica Brenntag contaminou o río. O conselleiro de Medio Ambiente aseguro que se están facendo esforzos para conseguir que o Umia sexa un referente para tódolos ríos de Galicia. Destacou que Galicia ten dous recursos moi importantes que son a auga e a enerxía pero destacou que hai que aprender a administralos. Manuel Vázquez admitiu que Galicia ten un problema coa auga. Este plan de seguimento integral da conca do río arrancará a mediados de abril.

    Redacción Salnés