![]()
RIANXO > Pedro Piñeiro solicitou a Portos de Galicia a cesión de usos do espazo da fachada marítima comprendido entre Setefogas e o parque Galicia.
Os problemas de aparcamento existentes en Rianxo foron unha das principais razóns polas que o rexedor local decidiu entrevistarse co presidente de Portos de Galicia, Vicente Irisarri.
Pedro Piñeiro solicitoulle ó ente autonómico a cesión dun terreo na zona portuaria cunha extensión duns sete mil metros cadrados, nas proximidades do auditorio, para destinalo a zona de estacionamento.
Paseo da Ribeira
Na xuntanza con Vicente Irisarri o alcalde rianxeiro tamén lle plantexou a posibilidade da cesión do Paseo da Ribeira ós bens municipais, xa que na actualidade é o concello o que desenvolve os labores de mantemento deste espazo.
De conseguirse esta cesión daríase tamén por zanxado o problema derivado do cobro das taxas de terrazas ós establecementos hostaleiros situados no Paseo da Ribeira, xa que Portos pretendía que lle abonasen o canon establecido por ocupación de terreos na zona portuaria.
Redacción Barbanza









