Club de Jazz, un repaso pola historia deste xénero musical

PONTEVEDRA> “Club de Jazz”. Ese é o título do novo poemario de Miguel Vaquero Aldazábal. Nesta obra, o escritor vigués realiza unha pequena homenaxe, a través de 22 versos soltos, a artistas de jazz clásicos como Ella Fitzgerald, Benny Goodman ou Bing Crosby.

Ella Fitzgerald é, sen dúbida a musa de Miguel Vaquero. Descubrila foi o que levou a este escritor vigués a indagar máis sobre o jazz clásico e sobre o swing. Nun primeiro momento, quería facer unha homenaxe a esta artista pero, investigando sobre ela, sorprendeuse con outros grupos e ídolos deste xénero musical como The Mills Brothers, Benny Goodman ou Bing Crosby. Todos eles forman agora parte do seu novo poemario titulado “Club de Jazz”.

“Club de Jazz” é o sétimo traballo deste escritor vigués. Un poeta que destaca pola calidade dos seus versos e que, tras 20 anos de carreira, atrévese a analizar o momento que está vivindo a poesía no noso país.

Un desamor foi o que levou a Miguel Vaquero a comezar a escribir poesía hai 20 anos. O seu primeiro poemario foi “Mi Jaula”. Unha obra que reeditará o vindeiro ano.

Pero mentres esta obra non sae á luz, o jazz clásico seguirá soando na súa última obra a través de 23 versos soltos. Unha homenaxe a todos os seus ídolos que está dispoñible en todas as librerías online.