Veciños de Rabuñade, en Vilanova, denuncian a apropiación dun manantial

    fonterabunade_100_220307__still_005.jpgVILANOVA > Unha ducia de veciños de Rabuñade, en Vilanova, denuncian a outro veciño que os deixou sen a auga dunha fonte.

    Aseguran que o dono da propiedade modificou a canalización que pasa pola súa finca e non deixa entrar para recuperala. Hoxe nin sequera apareceu a pesares de estar convocado por Augas de Galicia que levantou acta da situación da fonte e das denuncias feitas polos veciños e o concello.

    fonterabunadevecinos_300_220307__still_006.jpgOs veciños esperaban esta mañá diante da fonte a chegada dos convocados por Augas de Galicia: o Concello e o denunciado, o dono da finca onde nace o manantial. Finalmente, e tal como esperaban, só apareceu o concello, que explicou o que xa denunciaran os veciños. A fonte secou e o dono da finca deulles permiso para limpa-los canos e recupera-la auga, pero cando o concello meteu a pala, botounos da súa propiedade. Os veciños levan 4 anos denunciando esta situación. Polo momento non atoparon resposta do concello nin do propietario da finca, que reside en Vilagarcía. A súa nai sí vive na zona, anque non se fala con ningún veciño. Hoxe, estivo merodeando trala verxa mentres se desenvolvía todo este proceso pero se negou a da-la súa versión, alegando que era un problema do seu fillo.

    Os veciños aseguran que esta é a situación que levan vivindo catro anos e están dispostos a chegar a onde faga falla para recupera-lo manantial. Polo momento esperarán a decisión de Augas de Galicia, que hoxe levantou acta da situación da fonte. Pero de non solucionarse por vía administrativa, os veciños están dispostos a chegar ata os xulgados.

    Redacción Salnés