Morre Román Santiago, ex edil da Illa, nun accidente de tráfico

    A ILLA > Román Santiago Allo tiña 30 anos e fora obxecto dun secuestro exprés o pasado mes de setembro.

    romansantiago_300_230307.jpgRomán Santiago perdeu a vida nunha rúa de Barrantes. Por alí aquí circulaba cunha moto de gran cilindrada cando bateu cun Renault Megane que saída do parquin dun supermercado. Co golpe Román saiu despedido e bateu contra outro vehículo que estaba aparcado. Anque levaba casco, parece que o golpe foi moi forte. Subiu semiinconsciente na ambulancia que o ía trasladar ó Hospital do Salnés pero morreu no traxecto.

    Román Santiago foi edil do Partido Popular na Illa de Arousa entre os anos 99 e 2003. Actualmente era xerente dunha empresa de productos de transformación do mar, Cholamar, situada en Ribadumia. Santiago foi noticia o pasado mes de setembro ó ser obxecto dun secuestro exprés por un suposto axuste de contas. Tódolos medios deramos conta entón do sucedido, cando Román Santiago e o seu irmán menor, Bruno, foran secuestrados. Tras recibir unha malleira, Bruno foi liberado para que reunira os cen mil euros de recompensa, conseguindo así que liberaran tamén a Román.

    Sen embargo dende antes da liberación a Garda Civil xa localizara o lugar onde estaba e pouco despois detívose a varias persoas como supostos autores do suceso, entre eles Manuel Otero, alias ‘Aparatos’, de 37 anos e veciño de Vilanova, anque residente na Illa e relacionado co narcotráfico. As dilixencias por este tema aínda están abertas. O corpo de Román Santiago é velado no Tanatorio do Salnés e será enterrado mañá ás 4 e media da tarde no cemiterio parroquial da Illa.

    Redacción Salnés